Os afeccionados á columbicultura teñen esta fin de semana unha cita en Coristanco. Este sábado e domingo celébrase no pavillón municipal o XXVII Campionato Galego de Pombas de Raza, que inclúe unha exposición aberta a todo o público. A cita está organizada polo Club Asociación Columbicultura Bergantiños, con sede na Laracha, que conta coa colaboración do Concello de Coristanco, a Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Columbicultura.

A exposición estará aberta o sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 19h, e o domingo de 10 a 13h.