Este xoves 8 de outubro, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, poderemos desfrutar do concerto de Gloria Mosquera e Tomi López cantando para grandes e miúd@s temas do seu último traballo “A fraga do meu avó”. Nesta peza, Gloria e Tomi de Mamá Cabra interpretan unha escolla das cancións máis ecoloxistas do grupo.

Para asistir a esta actividade será necesaria a previa inscrición polas seguintes canles:

  • Reserva por teléfono ao: 651.66.49.08
  • Reserva de forma presencial na Biblioteca Municipal.

Esta actividade desenvolverase segundo as normas de hixiene e prevención recomendadas polas autoridades sanitarias:

  • Aforo limitado: máximo 25 persoas.
  • Uso obrigatorio de máscara.
  • Preferencia para o público infantil.
  • Dispoñerase de xel hidroalcohólico na entrada.
  • Respectaranse as distancias sociais recomendadas.