O vindeiro sábado 22 de xaneiro, a Casa do Maior de Erbecedo abre as súas portas para achegar a todos os asistentes os seus servizos así como a metodoloxía de coidado das persoas maiores que desenvolverán en dita instalación.
O obxectivo primordial desta iniciativa é crear un espazo referente de ocio e crecemento persoal dos futuros/as usuarios/as e visitantes no que se compartan experiencias e recursos que garantan o benestar dos nosos maiores.
Todo aquel que desexe descubrir este proxecto poderá achegarse a Erbecedo este sábado a partir das 12.00h. Na súa visita poderán comprobar non so o novo aspecto da Casa Rectoral de Erbecedo (A Pomba) tras os traballos de acondicionamento e mellora que se levaron a cabo, senón tamén coñecer as promotoras do programa que estarán a fronte das diferentes actividades.
Para máis información:
981 728 310 / 679 761 466
cae@colaxe.es