O vindeiro sábado 24 de outubro, ás 18h, o Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples acollerá a obra “Xan Perillán na biblioteca máxica” da compañía Os Monicreques de Kukas. Ven a celebrar con nós o Día das Bibliotecas e desfruta dunha sesión de Teatro e Maxia e, sobre todo, diversión a esgalla. Incluída dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta actividade permitiranos participar dun orixinal recital dramatizado polo polifacético artista Marcelino de Santiago.

Esta actividade está recomendada para nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade. Será necesaria a inscrición previa polo límite de aforo establecido.

Para a inscrición ou para máis información sobre esta ou outras actividades e eventos, comunícate con nós polas seguintes canles:

Teléfono: 651.66.49.08
Correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal