
O Concello de Coristanco volve a poñer en marcha o xa X Certame Artístico-Literario de Asunción Antelo, coa finalidade de conmemorar a herdanza desta autora con gran sensibilidade e emoción poética, que escribía con liberdade, poemas nos que describía cos detalles máis minúsculos, pedaciños da súa vida.
Pretendemos así seguir fomentando os valores literarios, promovendo a creación e a difusión cultural de Coristanco e descubrir o talento tendo como inspiración a Asunción Antelo, Rexubeira de Bergantiños.
▶️Prazo de presentación dos traballos: ata o 25 de abril de 2025
▶️Lugar de presentación: o centro educativo de referencia.
▶️Modalidades: Cómic, Narrativa, Poesía, Monográfico e Debuxo.
▶️Xurado: O Equipo de Dinamización Lingüística do Centro designará a 3 persoas como membros do xurado.
▶️Temática: libre, pero deben ser traballos escritos en lingua galega así como ser obras orixinais e inéditos.
A entrega de agasallos (valorados en 1000 euros) terá lugar no transcurso dun acto público o vindeiro sábado 17 de maio, na renovada Biblioteca Municipal de Coristanco.