Este domingo… volve o humor a Coristanco!

Prepárate, porque “Teatro sen tempo” regresa ao noso concello cun dos seus espectáculos máis divertidos e delirantes: “O home do sofá”.

Si, si… os mesmos que noutras ocasións nos fixeron rir, chorar (pero da risa!) e rematar cun sorriso imposible de quitar.

🛋️ “O home do sofá” é unha comedia que mestura humor, retranca e esa capacidade tan galega de facer filosofía… mentres non nos ergue o corpo do sofá. Un espectáculo áxil, cercano e cheo de eses momentos que fan que o público participe, ria e goce desde o primeiro minuto.

📅 Domingo, 23 de novembro
🕔 17.00 h
📍 Casa da Cultura de Coristanco
🎟️ Actividade gratuíta

Unha obra dirixida por Pablo Soto “Pibe”, con luces e son a cargo de María Teresa Lema Pose.

Se queres pasar unha tarde diferente, rir un bo anaco e desfrutar do mellor teatro da comarca, non perdas esta cita.