
O pasado sábado puidemos desfrutar do espectáculo de Monicreques de Kukas, que festexaron con nos o Día das Bibliotecas. Coa obra “Xan Perillán e a biblioteca máxica”, Marcelino de Santiago ensinounos a viaxar polo mundo dos libros e dos contos, apoiándose nos monicreques, na maxia e en varios estilos teatrais, deleitaron a un público moi entregado.
Ao finalizar a actividade , os nenos e nenas, xunto cos seus acompañantes, realizaron un helicóptero de papiroflexia guiados por Kukas.