A Vía Céltica é un itinerario posxacobeo que permite a prolongación da peregrinación xacobea ata os santuarios de Fisterra e Muxía e unha serie de camiños marítimos dende os portos de arribada do noroeste de Galicia, conectando Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e o altiplano do Xallas. Este roteiro presenta, a quen o percorre, un patrimonio e paisaxes únicos que nos levan de volta ao tempo das primeiras peregrinacións.
Accede ao itinerario, a través da seguinte ligazón, e descarga así o itinerario da Vía Céltica ao seu paso polo Concello de Coristanco.
Na Biblioteca Municipal, teredes acceso tamén a esta obra que trata os Camiños de Santiago por Santa Comba, na Terra de Célticos.