Un grupo integrado por 29 veciños e veciñas de La Guyonnière visitará Coristanco do 1 ao 4 de maio. Os participantes na expedición serán recibidos o día 1 no edificio de servizos múltiples e durante unha longa fin de semana terán a oportunidade de coñecer a Costa da Morte e de participar en actividades cos veciños do municipio anfitrión, entre elas unha comida de confraternidade que se celebrará o domingo 3. Os veciños de Coristanco que estean interesados no acollemento dos visitantes poden inscribirse no departamento de Cultura (edificio de servizos múltiples), onde tamén poderán obter información detallada sobre esta nova experiencia de intercambio.

Coristanco e La Gutonnière están irmandados dende 1998. Os gobernos municipais de ámbalas localidades están decididos a estreitar os lazos de unión e a fomentar todo tipo de intercambios, tanto culturais coma educativos e mesmo empresariais, segundo os acordos acadados durante a visita realizada a Coristanco polo alcalde, Michaël Orieux, e outros representantes da vila francesa no pasado mes de setembro.

Para o equipo de goberno de CoristaCOMITE REDUCIDA 1nco, unha das prioridades é “implicar á xente nova” no irmandamento. Con esa intención iniciaranse os contactos precisos para promover intercambios de estudantes de ámbolos municipios. A idea inicial é que os nenos e nenas de secundaria que estudan francés no colexio de Coristanco poidan viaxar a Francia en período non lectivo para mellorar o coñecemento do idioma e coñecer a cultura do país veciño. Nesa experiencia, que sería de ida e volta, daríase gran participación ao departamento de francés do centro educativo e tamén ás familias, xa que o obxectivo é acadar a implicación de toda a sociedade. Os gobernantes de La Guyonnière tamén apostan polo intercambio empresarial.