Por quinto ano consecutivo, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Coristanco, unen o seu esforzo para desenvolver a que será a V Andaina Solidaria en apoio á loita contra o Cancro.
O Domingo 6 de outubro, ás 10.00h na Praza do Concello, desenvolveremos a actividade cun percorrido de 8.5 km. Para participar será necesaria a previa inscrición antes do venres 3 de outubro ás 12 horas, polas seguintes canles:
📞 Por Teléfono: 651 66 49 08
📧 Por correo electrónico: biblioteca@coristanco.gal
➡️ De forma presencial: Biblioteca Municipal
O percorrido terá unha dificultade baixa e será recomendable o uso de roupa e calzado axeitado para camiñar. A Asociación Española Contra o Cancro de Coristanco disporá dun punto para realizar as súas doazóns e con acceso aos petos e compra de material para colaborar coa asociación.
O Concello de Coristanco agradece o apoio e colaboración dos seguintes establecementos que patrocinan a actividade:
- Carnicería Maruja
- Autoservicio García (Claudio)
- Supermercado Mary Carmen
- Frutería Delicias da Horta
- Autos Facal
- Autos Fernández