
O Concello de Coristanco abre este martes, 31 de outubro, o prazo de preinscrición para as actividades de conciliación de nadal “Un Feitizo no Bosque” co obxectivo de ofertar unha interesante e atractiva opción de conciliación do NADAL 2023: aprender xogando e convivindo cos demais e co entorno que nos rodea, descubrindo no deporte e na natureza as mellores fontes de ocio.
“Un feitizo no bosque” é unha proposta que ten a súa orixe no ano 2018, e que presenta un programa de actividades culturais, deportivas e recreativas de nadal que pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico, a través dunha metodoloxía activa, participativa, integradora e dinámica que teña aos máis pequenos como protagonistas.
👧🧒Idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
🕘 Días e Horarios: 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024; de 9 a 14h.
🌳Lugar de realización das actividades: Polideportivo Municipal de Coristanco.
📅 Prazo de preinscrición: Dende o 31 de outubro ao 13 de novembro de 2023.
💶 Prezo: 10 € por neno/a. O pago non se fará efectivo ata a confirmación da praza.
➡️ Onde presentar as solicitudes? No primeiro andar do Edificio de Servizos Múltiples (Biblioteca Municipal, 9h-14h)
Contacto para resolver calquera dúbida, aclaración ou axuda que precisen.
📱 651.66.49.08
Accede a máis información AQUÍ