Situado, a marxe dereita do Río Anllóns, na parroquia de Verdes e unha das máis afastadas do municipio e de menor poboación.
Para chegar ó mesmo e seguindo a estrada C-552, despois de saír de Coristanco en dirección a Carballo, hai que coller un desvío a man esquerda antes de chegar a Montecelo e despois de baixar o Capelán, cuxo desvío nos leva pola parroquia de Oca cara a Verdes.
O camiño que nos leva ó refuxio é estreito, pero con bo firme, sendo nalgunhas partes sinuoso, estando bordeado durante boa parte do traxecto por árbores de singular presenza, en especial… os queridos carballos.
Pérdense a conta das veces que os habitantes de Coristanco visitan este pequeno edén, seguro que foron e son numerosas veces as que van pero a sensación que se percibe cada vez que se volta é a mesma: unha inmensa sensación de paz, tranquilidade, relaxación e sen saber por qué síntese unha completa ledicia, como se o corpo e mente se fundisen co seu entorno e formase unha peza máis das árbores, das plantas, o río, os muíños e todos os seres que habitan nel.
De Verdes, a quen xa o coñece pouco se pode contar, pero a aquelas persoas que aínda ignoran a súa existencia , poderíase dicir que é un espazo natural de incrible beleza, polo que discorre en todo o seu esplendor o Río Allóns, no que se divide en varios ramais de auga formando pequenos illotes. Pero que a sabia man do home soubo compaxinar e adornar coa elaboración de pontes de madeira para que o visitante poida pasear sen dificultade algunha incluso para ós minusválidos, dun lado a outro mentres baixo os pes corre cristalina e revoltosa a auga desta ponte.
Se camiñamos polos marxes do Anllóns sempre dentro do Refuxio, atoparemos sendeiros que nos levarán a coñecer fermosos recunchos, así como contemplar a gran cantidade de muíños de pedra, que indican a gran importancia que no seu día tiveron na Comarca e que amosan palpablemente “o grandeiro de Galicia”.
Ademais, podemos observar as ruínas dun gran batán.
Verdes é un lugar para desintoxicar o corpo e a mente dos electos agresivos da vida diaria e tamén o estrés.Pero como fillos que somos da natureza, debemos mimala, coidala e respectala, polo tanto acercarse a estes lugares non inclúe deixar amosada “tarxeta de visita”, en forma de sucidade, contaminación e destrozo do entorno.
VERDES, sería un bo sitio para comezar …