O concello de Coristanco conta con varias referencias arqueolóxicas documentadas, como é o xacemento paleolítico da Lagoa de Alcaián(Seavia), ou as mámoas de Monte do Lume(Castro), Monte da Medoña e do Rato(Couso), Cuns(Cuns), As Medoñas(San Xusto) ou o castro da Insua(Valenza).

Tamén destacan da idade de bronce a cista de Pedra Marrada(Seavia) ou as localizacións castrexas de Ponte Xionlla(Agualada), Lume de Suso(Castro), Portal(Cereo), Cotón de Santa Cecilia(Centiña), Vilar(Couso),As Picúreas(Oca) ou As Croas(Seavia).

 

O Castro de Oca

No lugar do Castro, na parroquia de San Martiño de Oca, e honrando ao seu nome, encontramos un asentamento duns 143 metros de diámetro e 1,6 hectáreas de superficie, fortificado en dúas estruturas circulares de tipo concéntrico. Ten un estado de conservación regular, pero exemplifica o que eran os poboados castrexos. Este xacemento, cuberto de vexetación e rodeado de árbores, ten un acceso doado ao traveso dun camiño.