Os cruceiros e os hórreos forman parte da idiosincrasia galega e polo tanto tampouco poderían faltar neste concello. Segundo o planeamento urbanístico do concello, e os informes da Xunta sobre o patrimonio, neste municipio hai varios hórreos baixo a figura da protección como son o conxunto de hórreos en Montecelo (Oca), Traba, ou os de Casa Caamaño en Cereo Vello(Cereo), ou o hórreo que acompañado dun pombal está localizado en Codesido, na parroquia de Oca.
Tamén destacan varias fontes: Santa Margarida(Cuns), Fonte de San Mamede-Iglesario(Seavia), Santa María-O Rueiro(Traba) ou a fonte de San Adrián de Verdes. Neste documento tamén se rexistra o muíño das Salgueiroas-A Erbelleira(Verdes).
Arquitectura defensiva, Pontes e reitorais
O referente exclusivo da arquitectura defensiva é a Torre de Nogueira(San Mamede de Seavia), que forma parte do escudo municipal e da que xa nos ocupamos nun artigo específico. Nas figuras de protección das normas urbanísticas aparecen ademais dúas Pontes, a Ponte Lubiáns de Montecelo(Oca), que é outro símbolo egrexio deste territorio e a Ponte Dona(San Adrián de Verdes). Tamén existe unha relación dunhas quince casas históricas e reitorais.