As persoas interesadas no patrimonio cultural e concretamente na arquitectura relixiosa teñen un interesante roteiro no concello de Coristanco. Comezando polas igrexas.
Igrexa de San Mamede de Seavia
Unha das igrexas máis característicos e importantes do concello. Ten orixe medieval. Ten na súa estrutura unha especie de torre campanario rematada en cúpula. Formou parte dun Monteiro beneditino asentado no século XV, e aínda hoxe quedan restos a carón deste templo.
Igrexa de Santa Baia de Castro
Estamos ante o referente do barroco no concello e un dos templos máis destacados da bisbarra de Bergantiños, desa época. Construíse en 1736. Conta cunha torre campanario de amplas dimensións, de planta cadrada e cuberta por unha bóveda.
Igrexa de Santa María de Cereo
Outra igrexa de estilo barroco, construída no século XVIII. Ten unha planta rectangular dunha única nave, con capela e sancristía pegada. Destacar a súa fachada principal con torre campanario rematada en cúpula e a imaxe da Virxe.
Igrexa de Santa María de Traba
Templo de estilo barroco clasicista, de idade moderna, construída no século XVIII. Ten planta de cruz latina e corpo rectangular.
Igrexa de San Martiño de Oca
Igrexa de idade moderna (Séculos XVI-XVIII) que consta dunha nave única, construída en muros de pedra.
Igrexa da Agualada
Construída no século XIX. Planta en cruz latina, cunha única nave, e unha sancristía emprazada detrás dun presbiterio.
A relación de igrexas no concello complétase coas parroquiais de Xaviña, Coristanco, Oca, Castrobo(Valenza),Verdes, San Xusto e Cuns, e cos templos de Ferreira, Couso e Erbecedo.