“O Verxel de Bergantiños” ofrece distintas posibilidades o visitante. Os seus recunchos paisaxísticos, ríos e natureza son unha invitación fantástica para aproveitar o tempo de lecer ou para a práctica de deportes tradicionais como a caza e a pesca ou outras modalidades relacionadas co medio ambiente.

Unha visita obrigada é o Refuxio de Verdes, ese pequeno paraíso para “desconectar” das tarefas cotiáns, para goce nenos, pais e avós, nunha contorna das augas do Anllóns e dunha vexetación singular, acompañada polos muíños. A área recreativa da Rocheira, as lagoas de Alcaián e Cuns coas súas lendas, son outros tesouros agochados na bisbarra de Bergantiños.

Estes espazos combínanse co amplo catálogo que conforma o seu patrimonio histórico artístico, a arquitectura relixiosa e civil, ou as mostras da propia construción popular e da etnografía. Pazos, mámoas, castros, igrexas, e fontes son mostras dun itinerario cultural que se pode desenvolver na “Terra da Pataca”. Sen esquecer a súa variada ofertas gastronómica e as súas festas e celebracións.

Aínda non coñeces a nosa terra? Pulsa para obter información

turismo-btn-verdes turismo-btn-patrcultural turismo-btn-arqrelixiosa turismo-btn-etnografia turismo-btn-patrimonio turismo-btn-patrimonio