O Concello de Coristanco pon en marcha, un ano máis, o proxecto “Tecendo recordos, transformando vivencias”.

Dende a Área de Cultura do Concello presentamos unha nova edición desta proposta dirixida ás mulleres do municipio: un espazo de creación artística e expresión emocional, onde compartir experiencias, coidarse e tecer rede entre iguais.

“Tecendo recordos, transformando vivencias” é un obradoiro creativo que combina arte, manualidades e emocións, cun enfoque vivencial e colectivo. A través de actividades como pintura emocional, bordado simbólico, colaxe ou escritura creativa, as participantes poderán transformar recordos en obras cheas de significado.

🔹 Inicio: 9 de maio de 2025
🔹 Lugar: Biblioteca Municipal de Coristanco
🔹 Horario: 10.30h
🔹 Duración: 90 min por sesión
🔹 Prazas limitadas – actividade gratuíta

➡️ Dirixido a mulleres maiores de 18 anos, con interese en explorar a súa creatividade e coidar a súa parte emocional.

VER O DIPTICO INFORMATIVO

📌 Inscricións e máis información:
📞 981 733 280 | 📧 biblioteca@coristanco.gal

Descarga o formulario de inscrición AQUÍ

Un proxecto para escoitar, crear e transformar xuntas.

Participa!