Os nenos e nenas de Coristanco non só están a divertirse este Nadal nos talleres de globoflexia, maquillaxe, tarxetas e adornos de Nadal, pintura de figuras de porexpán e moitos máis que se levan a cabo todas as mañás na ludoteca, senón que tamén van gozar cos espectáculos previstos para as últimas tardes do ano. Hoxe luns chegará á ludoteca o pallaso Popín Palomero, que despregará todo o seu humor a partir das 17 horas. E mañá teremos a un dos grupos musicais preferidos dos nenos, Mamá Cabra, que ofrecerá o seu Concerto
Corocorico a partir das 17.30 horas. Todas as actividades deste Nadal en Coristanco son gratuítas.
- Día de festa en familia para os nenos e nenas do municipio de Coristanco
- Gran éxito das actividades organizadas pola Concellería de Cultura este Nadal