
Como cada ano, a terceira fin de semana de setembro tería que celebrarse a Festa da Pataca, este ano na súa 40 edición. Tratouse de pospoñer todo o posible a decisión de celebrar ou non a edición tan especial deste ano, mais valorando a situación actual e a negativa evolución dos últimos días en relación á pandemia de COVID-19, decídese suspender a organización de todos os actos relacionados coa celebración da 40 Edición da Festa da Pataca.
Trátase dunha meditada e difícil decisión, pero debemos priorizar, por encima de todo, a saúde tanto dos veciños e veciñas de Coristanco como de todas aquelas persoas que ano tras ano nos visitan durante esta celebración.
Do mesmo xeito, queremos agradecer o admirable traballo e labor de todos os veciños, profesionais e colectivos do municipio que mediante o acatamento das recomendacións sanitarias, loitan para evitar a propagación do virus.