O vindeiro día 9 de maio rematará o prazo de solicitude das subvencións da Xunta de Galicia para a dotación de servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego. Esta liña de axudas está cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
As empresas interesadas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 100 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.
Para máis información sobre estas axudas poden acceder AQUÍ ou ben poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través de:
📧 oficina.bandalarga@xunta.gal
☎️ 981 95 78 68 en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.