COMISIÓN ORGANIZADORAS DE FESTAS PATRONAIS E POPULARES
Aprobación das Bases reguladoras e procedemento de convocatoria de subvencións destinadas a Comisión organizadoras de Festas Patronais e populares para a contratación de orquestras.
Poderán ser beneficiarios das subvencións ao amparo das presentes bases as comisións de festas patronais e populares para a contratación de orquestras que cumpran os seguintes requisitos:
a) Dispor de personalidade xurídica e capacidade de obrar acreditada mediante a asignación pola Axencia Estatal de Administración Tributaria do Estado do correspondente número e identificación fiscal CIF/NIF).
b) Carecer de fins de lucro.
c) Desenvolver as súas actividades no Concello de Coristanco.
d) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Coristanco.
e) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias (estatais, automónicas e do concello), e das derivadas da Seguridade Social.
f) Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
3.2. As empresas titulares de orquestras que se contraten deben cumplir os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio fiscal e social en Galicia.
b) Ter unha antigüidade mínima de dous anos de exercicio continuado na actividade, a considerar dende a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade.
c) Declarar responsablemente que ten unha composición mínima de seis membros dos que, alomenos catro, deben tocar algún instrumento musical na súa actuación.
d) Declarar responsablemente que o 80% da súa actividade se centra na organización de espectáculos e actuacións musicais en vivo.