
Dáse publicidade á apertura da convocatoria de Subvencións destinadas a asociacións culturais, deportivas e anpas do Concello de Coristanco.
➡️ Obxecto da convocatoria: A promoción e impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís.
👥 Destinatarios: Anpas, Asociacións Culturais ou persoas dedicadas ao mundo da cultura de maneira non profesional e sen ánimo de lucro e Asociacións/entidades deportivas, ou deportistas individuais.
🖥 Presentación de Solicitudes: A través da Sede electrónica.
📅 Prazo: 15 días hábiles dende o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.