Sesións informativas sobre a Sede electrónica do Concello de Coristanco

Se queres realizar os teus trámites administrativos relacionados co Concello de Coristanco dende a túa casa, anótate ás sesións informativas sobre a Sede Electrónica do Concello de Coristanco dirixida ao público en xeral.
Segundo o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, están obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas Administracións Públicas:

a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica.
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio de dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen representen a un interesado que estea obrigado a relacionarse electrónicamente coa Administración.
e) Los empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regramentariamente por cada Administración.

As sesións impartiranse en grupos en horario de mañá no Edificio de Servizos Múltiples.  As datas están pendentes de asignar dependendo das persoas anotadas. Formaranse grupos por orden de rexistro de entrada.