O departamento de servizos sociais do concello de Coristanco traballa para mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio incidindo especialmente nos cidadáns con menos recursos, en situación de dificultade ou marxinación social.
Os servizos sociais están ubicados en:
EDIFICIO ADMINISTRATIVO
AVDA. DE EREBECEDO (TRABA)
Tel.: 651 66 36 09
PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS
1.-Programa de información, asesoramento e orientación
Ten por obxecto informar á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é preciso, aos servizos sociais de atención especializada.
2.- Programa de axuda no fogar
Conxunto de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico, ás persoas no seu domicilio que teñan limitada a súa autonomía persoal ou no caso de desintegración ou problemáticas familiares especiais, coa finalidade de procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia coa maior calidade de vida posible, evitando a súa posible institucionalización.
3.- Programa de emerxencia social
Consiste no establecemento de axudas económicas ou en especie destinadas a paliar situacións carenciais de emerxencia a persoas ou familias afectadas por un estado de necesidade urxente, e que non poden ser satisfeitas de forma tan inmediata dende ningunha outra administración.
4.- Programa de educación familiar
Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
5.- Servizo de atención psicolóxica
Atención psicolóxica a nivel individual, familiar, grupal ou comunitaria para previr ou paliar situacións de desadaptación ou de disfuncionalidade que estean afectando o normal desenvolvemento da vida cotiá. Axudar as persoas na resolución das dificultades a través de actuacións nos patróns dos seus comportamentos e procurar que eles mesmos sexan axentes activos na búsqueda de solucións.