📢Dende o Concello queremos facer saber @s veciñ@s do Concello de Coristanco de que non están SÓS e que durante o estado de alarma, xerado pola crise sanitaria do COVID-19🦠, ponse a disposición os seguintes servizos de Servizos Sociais:
 
1. Servizo de entrega de alimentos e/ou medicamentos a domicilio para persoas maiores e/ou en situación de risco coa colaboración da Policía Local e Protección Civil.
 
2. Valoración de situacións de emerxencia social como consecuencia da situación de emerxencia sanitaria pola evolución da epidemia do COVID-19.
 
3. Apoio psicosocial.
 
☎️ Teléfonos: 615.531.180 / 651.663.545 / 665.294.194