Onte realizouse a recollida de 8 toneladas de material voluminoso ao longo de todo o municipio: mobles, electrodomésticos, colchóns e somieres, trastos vellos e outros aparatos derivados das actividades domésticas de reparación.

Para solicitar dito servizo será necesaria a previa comunicación no teléfono 981.73.30.01, onde se indicará o artigo a recoller, o lugar de recollida e os datos persoais.
Do mesmo xeito informarase do modo axeitado no que se realizará a recollida, tendo en conta:

📎Evitar depositar os obxectos onde poidan molestar ao tráfico ou obstaculizar unha zona peonil.
📎Evitar depositar obxectos fóra do horario establecido acordado de antemán.
📎Non depositar mobles nin outros útiles sen ter posto en coñecemento previamente ao servizo de recollida.