Debido ao estado de alarma creada polo COVID-19 e ante a prolongación do devandito estado, o Concello de Coristanco vai crear un rexistro de persoas voluntarias que poidan prestar axuda á poboación máis vulnerable ante o coronavirus. Esta medida permitirá canalizar a solidariedade individual da sociedade de Coristanco e lograr un maior impacto entre a poboación máis vulnerable ao COVID-19.

A acción voluntaria estará coordinada pola Servizos Sociais, anticipándose ao incremento das necesidades que se producirán nos próximos días ante a presión da situación sanitaria e social, e respectando escrupulosamente o estado de alarma decretado polo Goberno da nación.

Os voluntarios, tanto persoas físicas como entidades sociais, poderán inscribirse enviando un correo cos seus datos ao correo electrónico do concello: correo@coristanco.gal ou chamando aos teléfonos:
• Concello de Coristanco: 981 733 001
• Servizos Sociais: 615 531 180 / 651 663 545
• Concelleira de Servizos Sociais: 665 294 194

Servizos Sociais creará unha base de datos específica da poboación que queira colaborar e estea en disposición de facelo, así como unha relación de entidades sociais activas en cada zona do municipio, onde poidan continuar prestando os seus servizos.

En ningún caso poñerase en risco ás persoas voluntarias nin ás persoas máis vulnerables ao COVID-19 que requiran atención, primando a atención telefónica como forma de acompañamento e detección inmediata de necesidades (como realizar compras de alimentos e medicamentos ás persoas que non dispoñan de medios).