Este setembro queremos invitarte a coñecer as tres sendas recentemente recuperadas no noso municipio e poder así desfrutar da paisaxe. Seavia, Verdes e Oca son as parroquias nas que nos mergullaremos na procura dalgún dos recunchos máis fermosos da nosa contorna.
- Será precisa a previa inscrición na actividade na Biblioteca Municipal ou a través da canle telefónica ☎651 664 908.
- 📅DÍA: sábado 18 de setembro de 2021
- 🕰HORA de SAÍDA: 09.00h. Punto de encontro no Local Social de Oca, na zona do Rego da Balsa, onde será preciso firmar unha Declaración de Responsabilidade de sintomatoloxía debido ao Covid-19.
- 🕰HORA de CHEGADA prevista: 14.00h.
- 🚶DIFICULTADE da ruta: media- baixa.
- 🏞DISTANCIA: 4,2 km aproximadamente (Seavia:2km, Verdes:1,6 km e Oca:600m)
Os/as participantes deberán traer máscara así como o calzado e a roupa axeitada para dita actividade. O Servizo de Transporte recolleranos na saída establecida e deixaranos no mesmo lugar ao remate da actividade. Precisamos puntualidade para o óptimo desenvolvemento segundo a ruta planificada. O equipo organizativo fará entrega de auga e froita no Refuxio de Verdes onde colleremos folgos para continuar co percorrido.