Hoxe os nenos de Primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel desfrutarán da obra “A nena que quería navegar” de Redrum Teatro, unha comedia que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima.
Nomeada Mellor espectáculo Infantil e mellor vestiario nos Premios de Teatro María Casares e finalista do XIV Premio Frei Martín Sarmiento o álbum ilustrado. Monicreques, teatro de obxectos, vídeo proxeccións e música en directo farán as ledicias deste público.