Na conmemoración do Día das Bibliotecas, un gran misterio tinguiu as nosas instalacións. Coa aparición dun corpo, aparentemente asasinado, e dunha policía moi peculiar, Antía Yáñez sumerxeunos nun caso cheo de elementos sanguentos e intrigas que tivemos que descubrir, cun desenlace totalmente inesperado.
Grazas a todos e a todas por participar e a Antía Yáñez por acompañarnos e achegarnos esta actividade.