
Propoñémosvos un percorrido a través do tempo e o espazo para desfrutar en familia do noso patrimonio cultural. O vindeiro 13 de novembro, o Concello de Coristanco en colaboración co Instituto de Estudos Bergantiñáns, organiza a Ruta polo Chan da Embarrada e a parroquia de Ferreira guiada a través dos autores da obra que tivemos o pracer de presentar o pasado setembro.
Seguindo as premisas e os valiosos coñecementos dos especialistas, poderemos adentrarnos nas lecturas daqueles elementos concibidos para albergar e construír o noso pasado e poñer en valor os cimentos patrimoniais que debemos pois coidar e preservar.
DIFICULTADE DA RUTA: baixa
DISTANCIA: 3,5 km
PUNTO DE SAÍDA: Concello de Coristanco
HORARIO ESTIMADO: 10h a 13,30 h.
INSCRICIÓNS:
> Na Biblioteca Municipal
☎ 651 664 908
📧 biblioteca@coristanco.gal