ROTEIRO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO| Ven coñecer este itinerario narrativo no que percorreremos os espazos vitais e literarios da Rexubeira de Bergantiños. Coa axuda inestimable dos intérpretes locais que darán voz aos versos de Asunción Antelo , lenda da comarca.

 

Álvaro Antelo, Isabel Soutullo, Dolores Andrade, Héctor Cajaraville, Lupe Blanco, José Antonio Andrade Figueiras e Loli España tiveron a ben emprestarnos as súas voces para guiarnos neste percorrido vital. Tamén queremos agradecer a Marcos Rodríguez, fotógrafo de gran bagaxe, que nos agasallou coa cesión desta fotografía de Asunción para esta iniciativa.

 

Día: 21 de maio de 2022
Horario: 10,00h
Saída: Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco
Distancia: 7.6 KM
Dificultade: Baixa
Duración: 1h 35m
Equipamento: Roupa e calzado axeitado
Percorrido: Abellariza, O Carballal, Muíño Seco, Segufe, Seavia (Retorno).
Necesaria inscripción previa: de forma presencial na Biblioteca Municipal, a través de correo electrónico (biblioteca@coristanco.gal) ou no teléfono 651 664 908.

 

FOLLETO ROTEIRO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO