CIENCIA E LITERATURA| A Biblioteca Municipal de Coristanco adicará a xornada do vindeiro luns 10 de abril ao día do investigador e da investigadora científica. Con este motivo desenvolverá o obradoiro de Robótica no que os asistentes descubrirán os principios da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM), participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica. Da man de “A nube de Artear” deseñaremos e daremos vida a diferentes robots co obxectivo de incentivar a creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun enfoque do mundo real.

Esta actividade está incluída no programa de Ler conta Moito da Xunta de Galicia.

Día: 10 de abril de 2022
Hora: Grupo 1 (11h) e Grupo 2 (12h)
Lugar: Biblioteca Municipal de Coristanco
Idades recomendadas: de 6 a 12 anos.
Prazas limitadas. Necesaria inscrición previa no teléfono 651 664 908 ou da canle electrónica biblioteca@coristanco.gal