O Concello de Coristanco convoca unha reunión dirixida a asociacións culturais, ANPAS, entidades deportivas e deportistas individuais co gallo da próxima publicación das bases das subvencións municipais.

Lugar: Biblioteca Municipal
Data: venres, 4 de xullo de 2025
Hora: 20:30 h

Falaremos sobre:

  • Gastos subvencionables
  • Documentación necesaria
  • Prazos de presentación
  • Xustificación da subvención

A reunión está pensada especialmente para as persoas que ocupan cargos de presidencia e secretaría nas entidades, así como para os deportistas que desexen solicitar axuda.

> Máis info en cultura@coristanco.gal ou no 981 733 280

Agardámosvos!