O pasado venres deu remate a primeira quenda de actividades “Ó son do verán” para 15 nenos do Concello de Coristanco. Como peche da actividades, os rapaces en agradecemento, realizaron a plantación dun Carballo, acto co que nos embarcamos nun proxecto medioambiental para o respecto e cuidado da natureza e así devolverlle á Rocheira algo do moito que nos regalou nestes días de campamento.

 

Hoxe da comezo a segunda quenda de actividades no que 15 nenos iniciarán a aventura: andaina, actividades de exploración, xogos acuáticos…