Recordamos que o vindeiro xoves 3 de setembro remata o prazo para a solicitude de axudas para a escolarización que promove o Concello de Coristanco para o curso 2020/2021.
As solicitudes poderán facerse de xeito telemático a través da Sede Electrónica Municipal (www.coristanco.gal) ou de xeito presencial nas Oficinas Xerais, previa cita no 981.73.30.01.
Podes ler as bases e descargar a Solicitude de axudas para a escolarización de menores do Concello de Coristanco aquí: https://www.coristanco.gal/bases-reguladoras-das-axudas-para-a-escolarizacion-de-menores-no-concello-de-coristanco-para-o-curso-2020-2021/