O vindeiro 11 de abril é o Día Mundial do Parkinson e dende o Concello de Coristanco, para conmemorar este día, inaugurase a exposición de Carmen Méndez, nun viaxe interior que inmortaliza a realidade dunha persoa que padece esta enfermidade neurolóxica, crónica e neurodexenerativa.

Carmen expoñerá os seus traballos a través dos cales reflexa a súa estratexia para soportar esta doenza. Xunto a cada traballo irá acompañado un breve texto que alude aos sentimentos e pensamentos dunha persoa diagnosticada de Parkinson, os seus medos, as incertezas, ademais de visibilizar o xeito no que a autora afrontou a súa nova realidade.

Seguimos así a liña argumental do proxecto “Reflexións en voz alta” iniciado polo concello en febreiro de 2020 co obxectivo de crear un espazo de encontro no rural para a creación e difusión da arte dende unha perspectiva humana da man dos diferentes autores que protagonizan estas xornadas e nos acompañan no percorrido vivencial das súas obras.

Inauguración: 11 de abril de 2021 ás 12h, no Edificio de Servizos Múltiples.
Exposición dispoñible: do 11 ao 16 de abril, de 9h-15h.