
Dentro do programa municipal de envellecemento activo VIVE+, incorporamos unha nova proposta pensada para seguir creando espazos de encontro, aprendizaxe e convivencia.
O Recuncho Gourmet VIVE+ será un espazo arredor da cociña onde veciños e veciñas compartirán receitas tradicionais que elaboraremos en conxunto para despois degustalas entre todos.
A través desta actividade buscamos:
- fomentar a convivencia e o encontro social
- poñer en valor os saberes e receitas da nosa terra
Cada sesión contará coa participación dun veciño ou veciña que nos guiará na elaboración dunha receita, convertendo a cociña nun lugar de aprendizaxe, lembranzas e boas conversas.
📌 Actividade dirixida ás persoas inscritas no programa municipal de envellecemento activo VIVE+.
Para inscribirse ou obter máis información:
- Tlf. 981733280
- ou acude á Biblioteca Municipal de Coristanco.
