Dende o Concello de Coristanco recordamos aos veciños a importancia de seguir as directrices sinaladas polo Ministerio de Sanidade e colaborar activamente no cumprimento das medidas de precaución e hixiene. O uso de máscara en maiores de 6 anos, manter a distancia de 1.5 metros entre as persoas, o control de aforo e a renovación do aire son elementos de crucial importancia para minimizar o risco .
Apelamos a responsabilidade individual para frear os contaxios.
Recorda: se ti te protexes, protexes aos demais.
Ánimo!