Recorda, non estás só!
Non dubides en chamarnos para todo aquilo que precises.
Teléfonos de Apoio:
- 981 733 280
- 651 664 908
- 665 294 194
Lembramos as recomendacións sanitarias para facer fronte a este virus:
- Lavarnos as mans con frecuencia ou uso de hidroxeles no seu defecto.
- Levar posta correctamente a máscara sanitaria en todo momento.
- Gardar as distancias de 1,5 m ou, no seu defecto, medidas alternativas de protección física co uso de máscara sanitaria axeitada.
- Evitar lugares con aglomeracións.
- Evitar desprazamentos innecesarios.
- Recoméndase aos maiores de 75 anos, persoas vulnerables e aquelas que non poidan empregar a máscara eviten saídas á rúa en horas de máxima afluencia.
Finalmente, dende o Concello de Coristanco gustaríanos enviar unha mensaxe de ánimo a toda á veciñanza para superar esta difícil situación pola que estamos pasando.
- En primeiro lugar aos positivos, que esperemos que se recuperen o máis axiña posible, e ás súas familias.
- Tamén ao comercio e á hostalaría, como sectores especialmente afectados pola crise e as restricións.