Ante a situación xerada polo CORONAVIRUS compartimos as seguintes recomendacións sanitarias:

➡️Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.

➡️Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.

➡️Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (despois de esbirrar, de tusir ou de usar panos) e/ou obxectos contaminados, deberanse lavar ben as mans.

➡️Non se lles recomenda usar máscara como medida de protección a aquelas persoas que non estean enfermas ou que se atopen nun centro sanitario de acordo coas recomendacións que se establezan. Ao contrario, isto pode ser contraproducente e xerar unha sensación de seguridade que non é certa e, ademais, a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.

➡️No caso das persoas máis fráxiles ou vulnerables, convén evitar, na medida do posible, espazos pechados cunha alta afluencia ou ocupación.

➡️Minimizar as visitas presenciais aos centros sanitarios especialmente as persoas máis vulnerables.

➡️De ter síntomas de infección respiratoria, como febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea, hai que afastarse doutras persoas e manterse a unha distancia de, polo menos, 2 metros. Non deberá acudir aos centros sanitarios senón poñerse en contacto coas autoridades sanitarias a través do número de teléfono 900 400 116

Máis información 👉 https://coronavirus.sergas.es/