🎭 QUE VIVA O ENTROIDO!

Este ano, máis ca nunca, queremos festexar o Entroido. Pese a que a situación actual non nos permita desfrutar dos actos tradicionais por mor das restricións provocadas pola alta incidencia de covid, non queremos pasar por estas datas sen deixar a nosa pegada. Porque o “entroido o levamos por dentro”, este ano o celebraremos no interior dos nosos fogares pero máis unidos ca nunca. Se queres participar connosco, envíanos unha foto entroideira deste ano ou anos anteriores. Poden ser instantáneas ou vídeos disfrazados, cociñando as vosas especialidades de entroido, manualidades…

Envíanos o material ata o luns 15 de febreiro a:
📧 biblioteca@coristanco.gal
📞 665.29.41.94