A agrupación de Protección Civil do concello de Coristanco conta cun responsable a nivel local e con aproximadamente 15 voluntari@s. Tod@s @s voluntari@s realizan todas a labores que máis abaixo veremos indicadas e de xeito totalmente desinteresado e voluntario, sen dependenza do concello. Dende o concello de Coristanco existe un apoio continuo e amosado  a nivel institucional co grupo de PC Coristanco, polo cal os voluntarios e a grupación sempre contan co respaldo do concello para a realización das súas actividades. Á súa vez o concello tamén se serve dos voluntarios para as labouras que non pode atender só co seu persoal: inundacións, incendios, control en vías en aglomeracións…

Os cargos representativos son os seguintes:

– Presidente: Agustín Reyes Varela.
– Axente: Agustín Reyes Varela.
– Secretaria da Agrupación: Verónica Facal Rodríguez
– Voluntarios: 12 membros.

Os datos de contacto:

-R/ Pataca s/n CP 15147 Coristanco
-Teléfono (Presidente/Axente): 669585104

Datos sobre os bens dos que dispón a Agrupación:

-Base sita na Casa da Cultura (R/ Pataca s/n)
-2 vehículos de transporte de persoal
-1 vehículo pick-up contra-incendios.
-Material de sinalización, lanternas, traxes contra incendios, bombonas osíxeno, cordas de escalada, etc.

Actividades que habitualmente realiza:

-Colaboración en accidentes de tráfico e accidentes laborais.
-Apoio e realización de regulación de tráfico.
-Apoio a bombeiros, garda civil e policía local.
-Incendios en casco urbano e casas en xeral (non en montes, porque pertence a Medio Rural).
-Apoio en festas, tanto no concello como en axuda doutras agrupacións (Cerceda, Malpica, Carballo, Zas, etc): Festa da Pataca, Festa da Terceira Idade, Festa da Carballeira, Fresh Weekend, carreiras pedestres, etc.

Facebook da colaboración:

Protección Civil Coristanco

Queres colaborar con nós?

Descarga o formulario que corresponda e cúbreo. Entrégao na dirección indicada arriba.

form-menores       form-maiores