O Concello de Coristanco organiza este venres o coloquio “Falamos de Saúde Mental”, co obxectivo de xerar un espazo de reflexión sobre a importancia da saúde mental e o seu impacto na sociedade actual.

Durante o evento, discutiranse temas clave como o aumento dos trastornos mentais en diferentes grupos de idade e o estigma asociado á atención da saúde mental, así como se compartirán estratexias para combater o estrés e ansiedad e ferramentas para identificar signos e síntomas perigosos para a nosa saúde mental.

O evento brindará un espazo para que os asistentes expoñan preguntas e compartan as súas inquedanzas, para así xerar un diálogo aberto e construtivo sobre como crear conciencia sobre a necesidade de priorizar a saúde mental. Cada acción individual e colectiva pode contribuír a mellorar a calidade de vida de quen atravesa desafíos emocionais e psicolóxicos.

Se queres inscribirse podes achegarte á Biblioteca Municipal ou contactar a través da seguinte canle telefónica: 981 733 280.