O Concello de Coristanco impulsa un obradoiro de fortalecemento do solo pélvico para mellorar a saúde e a calidade de vida da veciñanza.

A actividade, que se enmarca no Programa Municipal de Promoción da Saúde 2025, busca previr problemas como a incontinencia urinaria, mellorar a postura corporal e fomentar hábitos de vida saudables. Ademais, o obradoiro pretende empoderar as persoas participantes no coidado da súa saúde íntima, a través de exercicios prácticos e recomendacións para o día a día.

O obradoiro terá lugar na Casa da Cultura o día 2 de maio, con dous horarios dispoñibles: ás 18h e as 19.30h.

A inscrición é gratuíta, pero as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden anotarse de xeito telefónico ou presencial na Biblioteca Municipal de Coristanco: 981 733 280.

Con esta iniciativa, o Concello de Coristanco reafirma a súa aposta por promover unha vida activa, autónoma e saudable para toda a veciñanza.