Seguimos compartindo con vos máis actividades. O obxectivo é claro: mellorar a saúde, o benestar e a calidade de vida da poboación con accións dirixidas a fortalecer as habilidades e capacidades dos participantes e a modificar as condicións sociais e ambientais, a fin de mitigar o seu impacto na saúde individual e da comunidade e reducir as desigualdades sociais en materia de saúde.

O vindeiro 22 de abril, o Concello de Coristanco desenvolverá un obradoiro sobre a iniciación ao Pilates a cargo de Lucio Montero.

Día: 22 de abril de 2023
Hora: Grupo 1(10.30) e Grupo 2 (11.30h)
Lugar: Edificio Interxeracional da Rocheira
Material: Esterilla

Inscrición: a través do teléfono 651 664 908 ou a canle electrónica biblioteca@coristanco.gal.