
O luns 26 de maio procedemos a apertura do prazo para solicitar o Programa Xermolar para este curso 2025-2026.
Coñeces xa o Programa Xermolar?
Con esta proposta pretendemos incentivar a posta en práctica de actividades que contribúan de maneira real á conciliación da vida persoal, familiar e laboral de mulleres e homes do municipio, ademais de fomentar a sensibilización en materia de corresponsabilidade.
As familias poderán solicitar a entrada das crianzas neste conxunto de servizos como recurso para a harmonizar e equilibrar a súa vida persoal e profesional. Neste espazo promoverase a igualdade de xénero a través de actividades inclusivas onde non se perpetúen os estereotipos e se elimine calquera prexuízo de xénero.
Para acceder ao conxunto de propostas (campamentos, madrugadores, aula lúdica, actividades extraescolares… ) será indispensable estar adscrito a este programa municipal.
> Para acceder á solicitude, preme AQUÍ
+ Preme aquí para máis información: