O Concello de Corisanco presentará o vindeiro 7 de novembro o programa Muller Dixital, que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou con interese en mellora de emprego, consistente en accións formativas para a adquisición de competencia dixital cunha duración de 40 horas de contidos técnico-prácticos.
Que requisitos debo cumprir para poder facer o curso?
👉Ser muller.
👉Estar inscrita como demandante de emprego ou en condición de mellora de emprego.
👉Ter máis de 18 anos.
Os contidos atenden ás competencias dixitais recollidas no Marco Europeo de Competencias dixitais para a cidadanía. Todas aquelas que rematen a formación accederán a unha 💻TABLET de agasallo.
Para máis información, podes consultar www.mullerdixital.gal
chamar ao teléfono: 621 180 898 ou no email promotor3@mullerdixital.gal