O Concello de Coristanco, adherido ao programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), fixo entrega onte de 25 composteiros a aqueles veciños e veciñas que así o solicitaron.

Seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, a entrega foi acompañada dun manual de compostaxe doméstica así como da intervención dunha técnico de Sogama quen facilitou as pautas necesarias e o apoio para conseguir un proceso de compostaxe eficaz.

Tras recibir novamente outros 100 composteiros, aquelas familias que queiran participar no programa e recibir así o seu composteiro na vindeiras entregas, poderán realizar a inscrición a través das seguintes canles:
📞 651 66 49 08
📞 665 29 41 94

Tamén poderán facelo de forma presencial na Biblioteca Municipal.
➡️ Para máis información, ponse a disposición unha páxina específica de consulta www.compostaconsogama.gal.