Reanúdanse as Charlas-coloquios sobre Prevención de Condutas Aditivas impartidos pola Asociacion Vieiro en colaboración co Concello de Coristanco.

Ambas propostas desenvolveranse no Edificio de Servizos Múltiples os días 26 de maio e 2 de xuño ás 19,30h. Por limitación no aforo, será preciso a inscrición previa para participar.

  • Consumo de Sustancias (26 de maio)
  • Emprego de Novas Tecnoloxías (2 de xuño)

Para inscribirse, contacta a través de:
651 66 49 08
📧biblioteca@coristanco.gal